Alguén
quixo acusarme máis dunha vez de que son flor dun día. A min!,
precisamente a min!, que son toxo de todo un inverno.
Hai
xente que non sabe distinguir unha fouce dun fouciño, nin as
dereitas das esquerdas, nin
unha
frieira
dunha penca,
nin unha romana dunha pesa, nin
unha presa dunha présa. Si, aínda
alucino co asunto da flor co toxo. Se aínda fora a flor do toxo. Por
certo, a flor do toxo é bonita. É ben bonita. E é nosa. Xenuína.
Galega-galega. É riquiña. É amarela. É saborosa. É vistosa. Ver
unha ladeira dun monte chea de toxos, chea con flores de toxos; iso
non ten prezo!
Por certo, a ver se agora alguén vai pensar que eu son un toxo. Dixen o do toxo por iso de que é noso. Eu, realmente, son bo coma o pan, son un forno de leña, un verme luceiro, un sapoconcho ó sol, un lagarto de color. Eu son a auga quente da burga de Baños de Molgas, e a torre da igrexa parroquial, e a Aira de Arriba, e a estación do ferrocarril, e a altura da ponte das Cepas, e a base da ponte vella. Sei que son flor dun día en certos pensamentos. Pero tamén son o asubío desde calquera outeiro, o rabo do can Uriarte, os cornos das vacas, os libros da biblioteca e, tamén, as novelas de Marcial Lafuente Estefanía. Non son toxo. En tal caso, a flor do toxo.

Finca
Fierro. Luns, 11 de febreiro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario