martes, 19 de febrero de 2019

UN NO PAPO E OUTRO NO SACO

Nadir Oposto Restrón era cómodo, moi cómodo. Facía que facía pero non facía nada. Quería levar todos os méritos, e a maiores que lle deran o traballo feito. Falando claro: quería un no papo e outro no saco. Sentaba sempre ó pé dun canastro vello que había preto da aira, e estaba a velas vir. Despois, para máis aquel, aínda se mofaba dos veciños cando estes lle dicían que que ben vivía. El esbardallaba e seguía co pito na boca para rematar rindo a cachón. Nadir era fillo do Vergallán (de caste lle vén o galgo), o señor Octavio da Tarsila, e nunca quixera nin estudar nin traballar as leiras.
Ás veces incluso abusaba un chisco dos seus pais. Estes andaban arrastras e el sentado sempre ó pé do mesmo canastro, o canastro da Paxarela, a señora Ulla do señor Paio, os que vivían porta con porta con Nadir. “Ai, neno, ti sempre quixeches un no papo e outro no saco”, dicíalle a señora Ulla. A esta respectábaa moito. Moito máis que ós seus propios proxenitores. Nadir mesmo ás veces pensaba no sacrificio deles e aínda que lle remoía a conciencia de cando en vez, era tan só nese suspiro, xa que axiña volvía á súa preguiza e a acender un cigarro detrás doutro. “Que non traballen tanto”, dicíase para si. Como a el lle daban todo feito

Finca Fierro. Luns, 18 de febreiro de 2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario