Cando
nomearon na gala dos Goya ó actor galego Luis Zahera recoñezo que
berrei coma cando a Celta mete un deses goles tan necesitados. Luis
Zahera hai moito tempo xa que se merece un premio dos grandes. Pero
onte botei de menos a Luis Tosar. Porque onte, entre tanta
representación galega como houbo este ano nos premios do Cabezón,
non se escoitou unha palabra en galego. Ata tiven envexa de Antonio
de la Torre reivindicando a súa Andalucía natal.
Segue
dándonos corte falar en galego do Padornelo para alá. Sempre
nos deu apuro.
Onde
estás, Luis Tosar! Polo demais, a gala tivo os seus momentos
emocionantes. Eu, persoalmente, destaco o momento da homenaxe a
Chicho Ibáñez Serrador, con grandes directores no escenario.
Así mesmo, emocionante empezou sendo o discurso de Jesús Vidal, pero axiña se converteu nun grazas tan repetitivo e tan longo que non quedou outra que esquecerme das primeiras emocións. Este segue a ser o gran problema destes premios: os agradecementos. Non acaban nunca. Son sempre os mesmos. Non hai orixinalidade. E cando empeza a haber algunha, algúns esténdena ata o infinito e máis alá. A gala deste ano, a min, resultoume aburrida, fóra incluso da carraxe galeguista esa. Ai si, un punto a favor: descubrín a Rosalía.

Finca
Fierro. Domingo, 3 de febreiro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario