Cando
eu era pequeno desexaba que chegara a revolución. Agora que son
maior desexo que chegue a revolución. Pero a revolución non chega
nunca. Vimos baixo a bota opresora dun poder cobizoso
e inicuo.
Vivimos tiranizados
e
asoballados
entre sorrisos falsos de algodón e leis que se cospen por bocas
famentas de fame. Fame de poder. Quero que chegue a revolución!
Quero ser eu a bota opresora e a
cadeira de brazos
na
que descansen todas aquelas ideas que se xungan coas miñas. As ideas
opositoras metereinas nunha formigoneira
para amasalas e que se podrezan
entre elas.
Vivimos baixo o ollo de falcón que nos marca o percorrido dun sometemento rastreiro e baballoso. Agora desexo que chegue a revolución. Pero esta non ten un guía que flote por entre as conciencias amorfas dun pobo que morre. Eu quero erguer o espírito guerreiro, mais nin tan sequera consigo acumular lume nos ollos nin carraxe nas veas. Nin tan sequera teño unha machada para cortar as súas ideas. Tampouco habería cemiterios para albergar tantas cabezas. Vivimos baixo o poder duns malnacidos que nos cospen nese desexo revolucionario que non asomará nunca. Que nunca deixarán que asome. Por deus bendito, quero unha revolución! Necesitamos unha revolución!

Finca
Fierro. Venres, 8 de febreiro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario