Xa
hai moito tempo que as campañas electorais fanse eternas e son
eternas. Duran sempre. Porque os políticos prometen continuamente
cousas que logo nunca cumpren.
Pero
a auténtica maquinaria electoral adoita ser tan axiña como se
anuncian certas eleccións. O venres deuse o punteirazo
de saída para as xenerais no noso país. Será o 28 de abril. Ese
día teremos a opción de menos manifestacións e máis sentidiño. A
mellor manifestación é o voto útil. E
digo útil. Con sentidiño. Aínda
que, claro, seguiremos tropezando coa mesma pedra. Votamos ós que
votamos e, logo, concentrámonos.
Con todo o dereito do mundo, pero... repito, mellor manifestarse
diante dunhas urnas, e non despois nas rúas. Que a estas alturas da
nosa democracia xa deberiamos saber a quen hai que votar realmente. E
se alguén
ten dúbidas que vaia ós mitins,
pero co subconsciente dicindo que todo o que vai escoitar é mentira.
Eu non penso ir a ningún mitin.
Porque xa sei a quen vou botar. Tamén
sei que mentirán, pero menos cós outros, porque hai mentiras e
mentiras.
Tampouco
penso ir a ningunha manifestación, porque,
se se celebra algunha será, por suposto, por nosa culpa. Moito
sentidiño, por favor.
O
que non ten sentidiño ningún é o Donald Trump. Segue dálle que
dálle co muro. E ata eu penso que o vai conseguir. Porque está veña
que dálle
e acabará aburrindo ós seus compatriotas ata o punto de que lle
darán carta branca. Con tal de non oílo.
Sentidiño
tamén deberían ter os donos das autoestradas
da nosa Comunidade. Pero non o teñen. Ata para eles Galicia é o cu
do mundo. Seica en diversas Autonomías hai rebaixas de peaxes menos
neste lugar onde as costas perden o seu honesto nome, ou sexa, na
nosa comunidade. O de ser os últimos monos, iso xa queda desfasado.
É moito peor ser o cu do mundo. Somos o cu do mundo. E para
corroborar
a definición presentámonos ante as urnas e votamos como votamos. Ó
mellor este ano, con novos partidos e novos políticos, cambia a
cousa, imaxinamos.
É un dicir, digo eu.
Do
xuízo político ós presos políticos cataláns non falo. Que
molesto. E deus me libre de molestar alguén! Co bo
home que son.
Co
sentidiño que teño.
Finca
Fierro. Sábado, 16 de febreiro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario