Baltasar Asirio Murado agachouse para
recoller a aguillada que lle caera das mans cando quixo tirar da
reata do burro que estaba atado a un salgueiro. Ó agacharse
caéronlle todos os papeis que levaba no peto da camisa. Empezou a
baduar porque todo lle saía ó revés. O probe non sabía de que
lado lle viña o vento. A verdade é que por non saber case non sabía
que estaba a pintar no monte con tres vacas e un burro, que lle daban
máis traballo que ganancias. Aínda que el mesmo acababa por
recoñecer que non había volta de folla, que a vida era así, e xa
estaba. Polo menos para el.
Pois aínda que semellase parvo, el ben vía que había familias que vivían ben, que vivían na gloria, que vivían sen dar golpe. Por exemplo, a súa moza Zaida Medra Derivada, que era de familia boa, ricachona. O de súa moza era un dicir, xa que toda a aldea sabía que esta rapaza nin tan sequera sabía que existía Baltasar, o fillo da Marimacho. O que pasa é que a Baltasar gustáballe Zaida (a quen non, xa que era guapa, a condenada) e dicíalle a todos que era a súa moza e, co tempo, sería a súa muller. Pobre, ata niso non sabe de que lado lle vén o vento. Cando conseguiu recoller todo do chan, púxose ó camiño. Ó chegar á casa aínda tiña que cargar un carro de esterco. A vida era así. A del, claro.

Finca Fierro. Xoves, 13 de xuño de
2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario