Acabouse
o que se daba. Acabáronse os pactos e contrapactos. Algúns dos
lugares que máis quero gobernaranos partidos que non quero (querer e
non querer). Claro que eu ben sei que sempre fun algo torto para
todo, pero politicamente falando, vou moito máis alá da miña
teimosía. En
Madrid gobernarán os contrarios. En Maceda xa hai semanas que o
vaticinara. E en
Ourense... en Ourense teño que baixar a testa e confesar que o pobo
é soberano. Tamén é verdade que ó dicir isto asoma ós meu beizos
un sorriso. Pero un sorriso burlón, claro. Porque o asunto, é
dicir, o pacto ou pactos traen o seu aquel. Pero, repito, o pobo é
soberano. Agora toca esperar acontecementos e ó mellor si que é
certo que o pobo é soberano. Ó mellor é verdade que son torto de
carallo. Por non ir co pobo soberano. Xa a
probe da miña nai me dicía que lle saíra o máis protestón. Iso
dito por unha nai é coma dicir o da ovella
negra da familia. O certo é que ir sempre a favor dos débiles
nunca me dará ganancias, pero... Pero hai sentimentos que aniñan na
conciencia de cada un. A miña penso que é unha boa conciencia. Vai
ti saber! Mirade, ata deixo que a miña conciencian
a xulgue o pobo soberano.
Soberano
tamén pode ser o que está a piques de acontecer no golfo de Omán.
Cada vez soan máis forte os tambores de guerra. Oxalá quede todo
iso nunha simple presunción; porque unha guerra só é boa para os
que a inician, os que a propagan. Todo o demais serían perdas,
principalmente nas vidas humanas, que neses casos sempre adoitan ser
o máis inocentes. É certo que Trump seica aínda quere negociar e
negociar. Pero deste desconfío eu unha barbaridade.
Soberanos
si que asomaron
personaxes españois en tan só dúas semanas. Se na pasada Rafa
Nadal conquistaba París. Nesta foron Marc Gasol e Serge Ibaka
conquistando nada menos que o anel da NBA, que son palabras moi
maiores. Dáse a coincidencia de que Marc entra nos datos históricos
por ser a única parella de irmáns (Pau Gasol) en acadar eses
famosos e impresionantes aneis. E outro soberano é Pedro Almodóvar,
que recibirá o León de Ouro de Venecia pola súa carreira.
Finca
Fierro. Sábado, 15 de xuño de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario