Empezan a asomar nos xornais as
competencias, distribucións e dedicacións exclusivas dos concellos
e Deputacións tras as eleccións. É aquí cando te dás conta de
que, agora, é normal que a maioría dos mortais se queiran meter en
política. Agora case ou sen case todos os concelleiros dos partidos
que gobernan teñen dedicacións exclusivas, é dicir, que cobran. De
aí que, cada vez, aparezan ou se crean partidos a esgalla. A ver se
lle atopamos o teto á vaca. De aí que, a pesar de todos os medios
que existen hoxe para publicitar o que sexa, sigan indo porta por
porta para acadar o voto. Co paso do tempo ata pode ser un bo
negocio. É un bo negocio. Demasiado bo negocio.
Tamén sigo opinando que a maioría destas dedicacións exclusivas son de escaparate, ou sexa, que cobran por non facer case nada. Levamos unha marcha que non me estrañaría nada que pasados uns anos os que tiveron dedicacións exclusiva se poidan retirar con pensións vitalicias. Polo que, ó final, entre as vitalicias e as exclusivas teremos que buscar máis tetos polos que poidan mamar. Non había moito, nos concellos, cobraba o alcalde, e grazas. Agora, que os concellos van a menos, cobra o alcalde, o tenente alcalde (ou tenentes alcaldes) e varios concelleiros do partido que goberna, claro.

Finca Fierro. Xoves, 27 de xuño de
2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario