Hai accións de certos persoeiros que
van moito máis alá do simple desprezo. En principio, para min, xa
nin merece o nome de persoeiro; en tal caso de mequetrefe, de paspán,
de parvo, incluso de subnormal. Subnormal profundo, ademais. Estou a
falar do alcalde do Partido Popular de Vilanova de Arousa, un tal
Gonzalo Durán, que seica non se arrepinte de chamarlle “chacha
para todo” á socialista Carmela Silva. Ou o que é o mesmo: serva,
escrava. E diría máis: con dereito de pernada. Porque no asunto das
“chachas”, antigamente, había moito diso, de dereito de pernada.
Ó non arrepentirse entendo eu que é como insultala por dúas veces.
A primeira porque xa lanzou o insulto en por si, e a segunda porque o
ratificou, porque o recalcou; é dicir, volveu a insultala.
Agora, a Fiscalía empezará a perseguir, a acosar a Guillermo Toledo, por exemplo, ou a certos caricaturistas ou cantantes de rap. Con estes politiquiños de a tres nun zoco, de mala morte pechan os ollos ou lávanse as mans. Máis ou menos o que pasará co portavoz de Vox en Murcia, Juan José Liarte Pedreño, que declarou que “De una p*** sólo puedes esperar putadas”, referíndose á ministra de Xustiza Dolores Delgado. Púxolle asteriscos á p. Sería para que fose tan só un pecado venial, ou para disimular ou para que pensemos que é outra palabra distinta da que pensamos. Ou sexa, que nos toma por idiotas. E a Fiscalía... caladiña.

Finca Fierro. Mércores, 26 de xuño
de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario