Tres astronautas; un ruso, outro
holandés e o terceiro galego (por fin non hai ningún ianqui!),
aseguran que hai vida intelixente e civilizacións extraterrestres. E
dígoo con coñecemento de causa. Porque o astronauta galego son eu.
Non foi difícil marchar por aí arriba. Fixéronnos un cursiño de
nada que, iso si, era en inglés; aínda que nos deu igual, para o
que había que saber... Todo consistía en paneis con luces verdes e
vermellas. Sinxelo: coma un semáforo.
Como non había ianquis non puidemos despegar de Cabo Cañaveral; pero fixémolo desde o Río Vello, en Baños de Molgas, máis en concreto desde o meu lameiro (aínda que agora tocoulle ó irmán, pero como andei nel media vida coas vacas...). Antes houbo que cubrir, resgardar no lugar de Barricobos o escudo do Real Madrid que a un paspán se lle deu por esculpir alá polo 1976, para que non se escarallase a gran obra co que expulsase o foguete. O despegue foi rápido e sinxelo: o ruso deu a orde, o holandés premeu o botón verde e o galego, ou sexa, eu berrei un “ei, carballeira!” e para o espazo sideral marchamos. Cando pasamos sobre os Estados Unidos de América lanceille un “hai que roelo!” e a piques de contactar con Marte díxenlle ós colegas que “malo será” que non atopemos vida máis alá das estrelas. E atopámola; pero moito máis alá. Os alieníxenas eran tan intelixentes que merecen un Pingas á parte.

Finca Fierro. Mércores, 12 de xuño
de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario