Asomo á ventá e vexo como pasa o
tempo pola beirarrúa de enfronte. Tamén pasa algún que outro coche
e paxaros que voan na procura dunha ilusión. Miro para unha nube
branca e penso que por detrás ten que estar unha quimera intentando
viaxar a un planeta calquera. Asomo á ventá e vexo como se moven as
follas dun carballo, que leva aí desde que o mundo xirou sobre a
punta dunha aflición. Non sempre a felicidade se deita sobre a
almofada dun pensamento. Ou dun soño. Na rúa, unhas palabras de
certas persoas ensartan ou conectan unhas frases cheas de dúbidas ou
faltas de convencemento. A dúbida é a desconfianza dunha acción. Ó
mellor é o medo ou o temor.
Asomo á ventá e deixo caer sobre os edificios lindeiros unha ollada que nin eu mesmo sei se é transparente, diáfana ou opaca. Non sempre unha mirada vale máis que mil palabras. Hai olladas que quedan fixas no infinito e non ven nada. Por iso moitas veces somos cegos ante certas circunstancias. E no hai heroe que valla cando as adversidades de certos sentimentos quedan simplemente pegados no reflexo do cristal, do cristal da ventá. Asomo á ventá, a esta ventá e para non esbardallar, para non latricar máis, deixo tan só que a vida pase. Así de sinxelo. Así de doado.

Finca Fierro. Sábado, 15 de xuño de
2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario