O
ser humano ás veces non regula ben. Hai seres humanos que non
regulan ben nunca.
O
concello de Ávila, rexido
por seres humanos, ofreceu unha misa para que chovese. Espero, confío
e desexo que lle rezaran ás nubes, que son as que realmente levan a
auga. Que a estas alturas sigamos pedindo “milagres”, desas
“milagres”... O ser humano, á parte de non regular, é porco.
Hai seres humanos que serán porcos toda a vida. Iso si, fóra das
súas casas, que nestas non fan o que adoitan facer. Hai uns días
fun ó Mercadona da Valenzá e ó deixar o coche no aparcadoiro vimos
un carro dos pequenos que tiña unha bolsa dentro. A muller, coa boa
intención do mundo, é dicir, que se a esqueceran habería que
levala para arriba, para as caixas por se alguén pasaba a reclamala,
digo que a muller foi mirar se realmente tiña a compra dentro. O que
tiña dentro eran cueiros que algún ser humano porco deixara alí, e
tendo diversas papeleiras distribuídas por todo o aparcadoiro. Porco
e cómodo.
O de cómodo non só por deixar a porcallada no carro, senón tamén por deixar o carro tirado por alí de calquera maneira. Isto de deixar o carro tirado de calquera maneira o fan tamén outros seres humanos sen importarlles que están anulando unha praza de aparcadoiro, e habendo sitios apropiados para deixar os carriños. Pero, que va, ufff, o que custa levar o carro ó seu sitio. Agora que metín a compra no maleteiro, os demais que se busquen a vida.

Finca
Fierro. Domingo, 1 de setembro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario