Empezo
a notar que o sol quere asomar por entre a néboa, pero ata agora,
esta non deixaba ver un burro a tres pasos.
A
néboa, por
xeral ou case sempre,
é fría, e ó ser fría, é algo triste. Aínda que a min sempre me
gustaba asubiar baixo a súa espesura. Menos
mal que a
tristeza da primeira hora da mañá recuou a causa da risa que soltei
cando lin un titular deste mesmo xornal: “Cando pasei cara á Xinzo
non había rotonda, quen a puxo?” En clara referencia a un
accidente de tráfico e en declaracións dun mozo que seica
quintuplicaba a taxa
de alcohol.
Rinme pola ocorrencia do rapaz pero tamén pola asimilación que
axiña fixen cos chinos.
Si, porque me choutou á memoria a solución de que “ó mellor foron os chinos os que puxeron alí a rotonda”. A ver, se en dez días foron capaces de construír un hospital para loitar contra o coronavirus; unha rotonda, unha simple rotonda levaríalles facela nun suspiro, nun chiscar de ollo ou no tempo suficiente para que o mozo de Damil bebera ata alucinar. Ai o que fai o alcohol... “vin cousas que vós non creriades: atacar naves en lapas máis alá de Orion. Vin raios C brillar na escuridade cerca da Porta de Tannhäuser. Pero non vin a maldita rotonda de Xinzo. Quen carallo a puxo aí?”. Minuto a minuto quere raiar o sol para que un servidor deixe de pensar na rotonda e empezar de verdade a pasar a mañá; ou sexa, collendo un libro de lectura e patear o Toural de Maceda ata que chegue o momento de buscar o xantar na compaña dun rapaz.

Cervexaría de Maceda. Mércores, 12 de febreiro de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario