Martes
de Entroido. Catro menos vinte da tarde. Esperando o momento de que
chegue a desfile da Valenzá.
Mentres
espero, escribo. Mentres escribo, escoito música. Mentres escoito
música, penso. Penso no verme luceiro da aurora e naquelas mulleres
que desexan un certo cariño dos seus. Non todas son felices no seu
propio aniversario. A vida da paus cos ollos abertos. A vida pon a
cada un no seu sitio cando a esperanza foi auga de bacallau. Non
queda outra que tirar para adiante e pensar nos que si te aman. Agora
que cada quen busque entre as matogueiras da súa conciencia, entre
os carreiros da súa sensatez.
Catro menos cuarto da tarde. O tempo pasa e todo segue igual. O sol
asoma logo dunha mañá escura e un bolígrafo vermello tacha de
cando en vez aquelas anotacións que xa se usaron, que xa foron, que
quedarán para o recordo ou que se subiron ó feisbuq.
O móbil rematou de cargarse e queda preparado para arquivar a memoria dun desfile que será, que transcorrerá con parsimonia e baixo a atenta mirada de viandantes que aparecerán a moreas. Porque hai instantes na vida nos que hai que contemplar o que fan outros. Despois cada quen que xulgue se fixeron ben ou non. Como a vida mesma. Esta, por veces, bambéase sen ritmo; outras queda quietiña e esperando a que alguén a empurre; e case sempre tira cara á adiante. Porque a vida segue. Como a corrente do río Arnoia. Cos soños cumpridos ou sen cumprir. Catro da tarde. Bernard Herrmann pon a música nos meus oídos, e o tempo pasa. Nada se detén. Os aniversarios, menos.

Finca
Fierro. Martes, 25 de febreiro de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario