Desde
logo... Mira que... Xa che digo... E o sermón viaxou por entre as
carballeiras dun tempo que xa é pasado. Aínda que, no presente,
todo segue máis ou menos igual.
É
dicir, que chove sobre mollado e vai sol no lombo dun lagarto. Desde
logo non hai conciencia en moitos
alpabardas. Recalcando que hai pasmóns para colgar nas orellas.
Tamén
é verdade que non somos perfectos. Mira que se chegamos a ser todos
perfectos, adeus ós críticos. Eu son o primeiro que esbardallo
sobre o que, ás veces, non entendo. Aínda que, iso si, de vacas
penso que sei un chisco, polo que non me entra na cabeza que a Xunta
de Galicia seica lle queira poñer un GPS. Xa che digo! Semella que é
para saber, entre outras cousas, canto tempo pacen e onde o fan.
Pero, almas cándidas!, ás vacas pásalles coma nós, coma ó ser
humano; que come ata que se ve cheo e faino onde hai comida. Hai máis
listos na Xunta de Galicia...
Lembro nos anos 60 cando no monte Medo se xuntaban case ou sen case un cento de vacas e botaban moito tempo mirando cara ó ceo... porque non tiñan que pacer. E cando tiñas un pequeno despiste, ó mellor xa tiñas que ir buscar unhas cantas que marcharan a buscarse a vida ós lameiros ou ás leiras de millo de tal ou cal veciño. O labrego non precisa de ningún GPS para saber a onde pode levar as vacas ó monte nin para saber se están cheas ou non. Míranlle para a barriga e xa está. É o mellor GPS delas. Desde logo... Mira que... Xa che digo... Estes da Xunta... Canto é o non ter que facer...

Finca
Fierro. Domingo, 9 de febreiro de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario