Deixo
que Simon & Garfunkel me enchan de melancolía para, con esta,
poder derrotar ás grandes ideas que esbardallan os de Vox.
Agora
din que Feijóo é nacionalista. Si, o noso presidente da Xunta, o
noso Núñez Feijóo. É que me parto! Tamén din que en Galicia non
hai un só cartel en castelán. Mira que son burros! Nin tan sequera
saben ler! É verdade iso de que non costa nada botar a lingua a
pacer. Os de Vox bótana a diario. Que digo!; cada pouco.
Deixo
que o sol asome pola ventá e dou a orde para que os meus dedos
sigan dálle que dálle ás teclas do ordenador para poder rematar
canto antes e así saír á rúa, pois estase mellor fóra que dentro
das casas, Agora
a que está nas redes sociais é a rotonda de Xinzo. Seica está a
facerse viral e a xente semella que empeza a peregrinar cara
á súa localización.
Está visto que, para moitos, da
carallada
á idiotez, do
boureo ó disparate
vai tan só un paso, ou neste caso mellor aínda unha aceleración. A
ver, está ben que a declaración do paisaniño de
a ver quen puxera alí a rotonda
causara bastante mofa (eu mesmo lle dediquei tamén unhas palabras),
pero de aí a ir contemplala,
xa, para un servidor, se sae de castaño escuro. Ó final hai que
chegar á conclusión de que non temos moito que facer. E cando isto
sucede matamos o tempo ou a nugalla con trapalladiñas que nos deixan
a un moi baixo nivel.
Deixo
que o nacionalismo de Feijóo sexa a rotonda dos de Vox e
que tanto aquel coma estes se accidenten, politicamente falando.
Finca
Fierro. Xoves, 20 de febreiro de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario