Agora
mesmo acabo de chegar da Casa da Cultura de Barbadás de ver unha
bonita farsa, un agradable esperpento, unha alegoría incontrolable,
unha parodia preciosa, ou sexa, unha obra marabillosa.
A
obra “O meu mundo non é deste reino”, da compañía Teatro da
Ramboia, é a adaptación de
“Farsa de Bululú, que Manuel María escribira no 1992. Dirixida
por María Peinado, a obra acadou o Primeiro Certame Manuel María de
Proxectos Teatrais. Con
tan só dous actores e
diversos tipos de
monicreques
o espectador contempla a realidade dun totalitarismo
que
espreme, que esmaga, que
machaca;
ou a parodia dunha ditadura franquista
que conxelou
e que aínda conxela
o sorriso. Porque nesta...
comedia?, hai
risas duras, risas que doen, risas de carraxe, mesmo
risas de medo.
A obra é un salouco que esgaza, unha queixa eterna, unha burla das marionetas que queren e conseguen controlar ós súbditos, ós submisos, é dicir, a autentica realidade. Unha realidade que semella que latexa na actualidade, que ten un fondo que produce un pouco (ou un moito) de medo. Porque todo o que se contou pode incluso volver. Ese é o medo! Penso que, hoxe mesmo, esa farsa, ese esperpento, esa alegoría, esa parodia está máis presente que nunca. Oxalá a apreciación sexa toda unha esaxeración. Oxalá. “O meu mundo non é deste reino” faise enorme grazas tamén á actuación de Anxo García e o lalinense Fran Lareu. Inmensos! Auténticos! Fixeron crible o incrible.

Finca
Fierro. Venres, 31 de xaneiro de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario