Estou
a velas vir. É dicir, de pasmón. Contemplo o horizonte e non vexo
nada, nin aquí nin alá.
Tan
só escoito a Thomas Newman e soño con voar sobre Sudalomba. O monte
de Sudalomba dá para escribir unha novela e catro poemas. Aínda que
case sempre mataba o tempo lendo ou xogando co can. Xogar con Uriarte
era
como suar sen traballar e rir a cachón. Nunca me aburría. Ás veces
ata as vacas deixaban de pacer para contemplar as nosas trouleadas.
Eran
tempos de felicidade absoluta. E, si, infantil. Pero acaso hai algo
máis bonito que a infancia?
Estou a velas vir.
É dicir, de paspán. Xa non intento contemplar
nada porque nada vou ver. Tan só escoito agora a Jerry Goldsmith co
seu tema “Under Fire”, o mellor tema do mundo mundial que se fixo
para unha banda sonora cinematográfica. Escóitoo porque é domingo.
Simplemente por iso. Mentira! Porque me gusta. Nada máis que iso. Ó
mesmo tempo soño con voar por todo o monte de Pinouzos. Aterro en
Barricobos. Se en Sudalomba pasaba as mañás, en Barricobos eran as
tardes onde enchía a miña alma de felicidade, de
saudade.
Porque aquí, a maiores do Uriarte, estaban os barrancos, nos que,
cun mangado de fentos, postos
baixo o traseiro para non esgazar o pantalón,
esvarabas ata o infinito e máis alá. Ou sexa, ás veces, ata o
propio
trompazo.
Eran
zoupadas que non doían.
Tempos
aqueles nos que un ata se divertía só. E sen móbiles. Chegaba
un libro, unha vara para descargar a adrenalina contra as silvas e os
toxos, algo de imaxinación e o Uriarte.
Finca
Fierro. Domingo, 16 de febreiro de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario