jueves, 28 de noviembre de 2013

Á CONTA DOS POMBOS


              En todas as partes cocen fabas! (en España fanse potaxes). Ata no PSOE... e no BNG, e en IU, e en UPyD. Sempre ataco máis ós do PP (hai que recoñecelo, son os que máis falcatruadas fan), pero non me caen os dentes se hoxe me boto enriba dos socialistas; a causa do alcalde de Corcubión. Os cartos son tan cobizosos que nos custa un ril (ou os dous) en botar man das nosas carteiras. Para que?, se sempre hai pombos que cargan co pandote, que pagan a desfeita. O alcalde de Corcubión, nunha desas noites en que o aire e as olas golpean con forza contra a súa costa, debeu dialogar coa almofada nos sinxelos termos en que sexan os pobres veciños os que paguen o meu litixio que manteño co electricista. Os avogados, coa fama que teñen, han cobrar o demo... e entre tantos veciños, tocan a pouco. Hai que ter moita cara e, por suposto, ningunha vergonza. Así calquera é político: para poñerse ricos á conta dos pombos. Repito un relato máis: hoxe, a política, é a mellor profesión do mundo mundial.


              Café Oren Express da Valenzá. Mércores, 20 de novembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario