miércoles, 13 de noviembre de 2013

O BERRO LIBRE


              Cala. Berra. Escoita. Mira. Tira cara á adiante. Non quedes quieto. Corre, incluso. Ou aínda mellor, voa. Voa por entre as estrofas da memoria e aterra no punto final do poema, dese poema que se escribe con ríos de tinta ou con val de lágrimas.
              Cuspe. Respira. Non afogues. Sorrí. Ou chora, como vexas. Ou aínda mellor, quéixate. Quéixate polos golpes dunhas ideas que ninguén che quere entender e cura esas ansiedades nacionalistas. Non teñas medo. Toma o asunto con calma e xa verás como ó final acadas o berro profundo, o berro libre, o berro que te fará rir e chorar. Pero chorar de felicidade.
              Calma. Sosego. Pensamentos deitados nunha novela. Ou mellor, nun relato. Son máis curtiños, máis íntimos. Máis independentes, non si? Isto é o que realmente queres. Xa está, aí o tes... o berro libre. Berra. Berra. Berra.


              Café Paco Paz de Ourense. Martes, 12 de novembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario