lunes, 25 de noviembre de 2013

DO PAVILLÓN Ó AUDITORIO


              Primeiro día de auténtico frío neste outono quente. Pero Camelia Flor Ricacho non lle tivo medo. Logo de deixar ó seu fillo no pavillón Paco Paz de Ourense, púxose ó camiño. Púxose ó camiño cun pouco de angustia; non sabía se lle daría tempo de ir andando ó auditorio municipal e volver nas dúas horas de adestramento do rapaz. Sobroulle unha hora xusta. Para iso imprimíralle velocidade ás súas pernas e axiña tivera que desabotoar a cazadora porque a calor facía que lle picase o corpo. A melena de Camelia Flor Ricacho ondeara ó vento e a música do seu móbil tronara nos auriculares metidos nos seus oídos. Cando chegara ó auditorio dera varias voltas para atopar as oficinas do festival de cine; non estaban no mesmo lugar do ano pasado. Xa a piques de desistir, unha amable vendedora de billetes conducíraa ata a pequena oficina do festival. Alí, un mozo déralle unha acreditación para poder ver as películas gratis. Sorte que ten Camelia Flor.


              Café Oren Express da Valenzá. Venres, 15 de novembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario