jueves, 14 de noviembre de 2013

SON TAN BONITOS OS CARTOS!


              É certo que os funcionarios temos un posto fixo de traballo co seu correspondente soldo e que, algúns, incluso, ata vivimos ben. Pero tamén é verdade que a moitos... o soldo deixa moito que dicir. E traballamos toda unha vida por un soldo baixo. Por iso xa non é a primeira vez que digo que, hoxe en día, a mellor profesión é a de político. Os funcionarios; toda unha vida para nada. Os políticos; en catro anos atópanlle o teto á vaca ou fan boa feira ou levan bicada. Así é que non me estraña que Carmen Iglesias Sueiro non queira renunciar á súa acta de deputada, nin que a expulsen do partido. Madía leva! Neste país nunca foi tan fácil ganar uns bos soldos; ás veces chega coa simple presenza nos plenos. Certo, teñen que levantar unha man para votar e, a algúns, medio adormecidos, ata lles custa. De aí tamén que ninguén queira dimitir. Son tan bonitos os cartos! E o poder. Con este chegan os cartos. Que llo pregunten a certos “alcaldiños” que coñecemos todos.


              Café Oren Express da Valenzá. Mércores, 13 de novembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario