jueves, 21 de noviembre de 2013

DE NOITE, O SON VÓLVESE RUÍDO


              A algúns parécelle incrible que se xulgue a unha muller por ensaiar co piano. Unha veciña denunciáraa polo continuo ruído. Poida que a denunciante esaxere un chisco co ruído do volume e co tempo que a rapaza se tiraba ensaiando. Poida. Pero tamén habería que ver ou escoitar cómo eran os tales ensaios. Lembremos que hai que saber diferenciar entre volume e son, entre ruído e música. Aínda que a denunciante esaxere, eu enténdoa. Vivín nove anos en Madrid nunha pobre pensión onde, un día á semana, uns veciños xogaban ó bingo ata as tres ou as catro da madrugada. Prometo que eses día desexaba de corazón ser un Rambo para presentarme ante eses veciños e facerlles o que imaxinades. Con isto creo que resumo perfectamente a situación. E hai que lembrar que, de noite, todo son se volve ruído. Ó mellor erro, pero a un servidor non lle parece tan absurda a denuncia. Por desgraza pasei por esa gran molestia. E menos mal que só era unha noite á semana.


              Biblioteca da Valenzá. Mércores, 13 de novembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario