viernes, 29 de noviembre de 2013

RUXERRUXE DE VAGUIDADES


              Alejandro Sanz vende non sei qué. Un neno arrastra unha cadeira pola cafetaría. Ruído no local. Fóra imaxino unha nube que se move a modiño. Imaxino, porque é noite, estou dentro e, polo tanto, non a vexo. Pero sei que o ceo está nubrado. Hai pouco que entrei e quedaba nubrado, bastante nubrado. Alejandro Sanz canta mentres unha parella baila. A pesar de ser case inverno e facer un frío do demo (para que rime), unha mosca anda voando por enriba da miña mesa. Estas non aletargan nunca, non morren nunca. Ata co frío amolan bastante. Ui, malo!; agora é Melindi quen asoma pola caixa boba. Síntoo, pero nin me gusta cantando nin me cae ben. Seica está falando en prata. Eu estou escribindo... por Deus!, nin eu mesmo sei cómo escribo. Peor co carbón. Menos mal que non son escritor, nin cantante. Canta un escornabois unha nana na que tan só se escoita un ruxerruxe de vaguidades. Como as palabras dun que nin é escritor nin é cantante.


              Café Oren Express da Valenzá. Xoves, 21 de novembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario