jueves, 14 de noviembre de 2013

PRÉSTAMO CON MOITO VOLUME


              Cando colleu o libro nas mans ata se asustou un pouco. Polo volume. Polo peso. 1164 páxinas en galego. Pero Pánfilo Amigo Núñez tiña ganas xa de ler algo sobre a historia recente de Galicia. E pensaba, e cría, e estaba seguro que a correspondencia que desenvolveron entre 1961 e 1984 Ramón Piñeiro e Basilio Losada debería ser un auténtico documento para a historia contemporánea do noso país. Pánfilo Amigo tocou, sobou, colleu e pousou no estante por varias veces o libro Do sentimento á conciencia de Galicia ata que, finalmente, lle dixo á bibliotecaria que llo apuntara en préstamo. A pesar do volume e de que aínda acababa de empezar a ler outro, saíu da sala de lectura máis contento ca un cuco. E con ganas de meterlle xa o dente. Porén, Pánfilo Amigo Núñez sabe que aínda lle quedan dous ou tres días para descubrir algo máis do que pensaban eses dous grandes persoeiros galegos.


              Biblioteca da Valenzá. Martes, 12 de novembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario