martes, 26 de noviembre de 2013

UNHA PARÉNTESE ESCLARECEDORA


              A Xunta ameaza con expropiar o uso de todas as fincas que non se cultiven, polo que os propietarios deberemos elixir entre explotalas, arrendalas ou deixarllas ó Banco de Terras. Señor, Feijóo, hoxe en día e tal como está a situación, ou sexa, tal como cabalga sobre nós a crise, é dicir, a miseria, sei que moitos propietarios desexan de corazón traballalas. Pero... para que? Para vivir aínda máis miserablemente ca nos anos sesenta ou setenta? Quen as arrenda? Se as arrendan, para que as traballan? Pregúntelle a un gandeiro a cómo lle pagan o leite ou os becerros. Pregúntelle a un viticultor (a min mesmo) a cómo me pagan as uvas. Abro unha paréntese (Traballo unha leira dunha hectárea e teño outra da mesma extensión e con ganas de traballala, pero se estou a piques de abandonar a que traballo porque non me pagan as uvas como é debido, cómo podo traballar a desexada?) Pecho a paréntese para dicir que neste simple resumo está metida toda a súa “gran idea”.


              Café Oren Express da Valenzá. Mércores, 20 de novembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario