O
pai está a berrarlle, pero o rapaz non lle fai ningún caso, non se dá por
aludido. O rapaz responde ó nome de Ramón Protector Adivino, e todos lle chaman
O Adivino. E non porque sexa o seu apelido, senón porque seica adiviña bastante
as cousas, principalmente as noticias, as noticias políticas. “Adivino, que vai
pasar mañá no Parlamento?”, pregúntanlle cada dous por tres, e el contesta cun
rotundo “o de sempre, ou sexa, que van discutir moito e non acordar nada”.
Efectivamente, nada se acordou porque o país vai a peor. “Este mamón bébeas
coma o caldo”, rosma o seu pai, porque segue a mostrarse indiferente. Ramón
Protector Adivino atende á televisión e memoriza as novas dos telexornais, para
así estar máis ou menos ó día con todo o que acontece no noso país e, como non,
para presumir logo ante os seus veciños. Aínda que non adiviñe todo, é certo
que está “ó loro” dos asuntos políticos. “Bébelas coma o caldo”, bérralle o pai.
E xa o dá por imposible. Normal, O Adivino nin caso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario