lunes, 26 de enero de 2015

O PROBLEMA DO GALEGO


               O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, sitúa o problema do galego en que non se emprega ó saír da escola. Certo. Pero, canto se usa na escola? Cantas materias se dan en galego? O inglés é unha materia e non sabemos o seu idioma. Se estudamos o galego só na materia do galego, apañados imos! Tamén sitúa o problema na caída da natalidade nas zonas rurais, que son nas que se concentra a poboación que fala máis galego. Certo tamén. Pero por que cae a natalidade no rural? Por que se deixou caer? Se se quixera aínda se estaba a tempo de recuperar o rural... e o galego. Pero non se quere.

               Vedes? Neses dous puntos doulle a razón, ten toda a razón, o que demostra que, por falar, sempre falan moi ben, mais do dito ó feito vai un treito. Os medios de comunicación tampouco axudan moito. Outra gran verdade. Entón, por que se seguen subvencionando? Os medios de comunicación usan o Día das Letras Galegas tan só para disimular. Disimulan coas portadas ou titulares e, ale, xa cumpriron. O problema do galego ten solución... se se quere. Pero non se quere.

No hay comentarios:

Publicar un comentario