viernes, 23 de enero de 2015

FAN A FESTA, BOTAN OS FOGUETES (Non publicado, é dicir, censurado)

 
Vaia, vaia, vaia!; non conseguimos erradicar a corrupción, nin no noso país, nin da nosa sociedade, nin tan sequera destes relatos. Debe estar tan metida na nosa alma que, esta, xa cheira. Normal; ten que estar máis ca gangrenada. O peor de todo é que, agora, para máis aquel, algúns ata se mofan dela, ata se rin nas nosas narices polas falcatruadas que cometeron. Como sucedía e sucede co caciquismo: que cho refregan pola cara e cun sorriso nos beizos. Luis Bárcenas saíu do cárcere e o primeiro que dixo foi que lle fixera caso a Rajoy: que fora forte. Eles fan a festa e eles botan os foguetes. Nós pomos as “varillas”, a mecha e o chisqueiro. De cando en vez, para disimular esa chulería, calquera politiquiño (neste caso seguinte o noso presidente Feijoo) presume do cese de Luis Lamas, o xa ex presidente de Sogama, e pono, claro, como exemplo do seu código ético. Arre demo!; entón se quere gabarse dese código teralle que dimitir a práctica totalidade do seu partido, incluído el mesmo. Porque, é certo que corruptos tamén os hai en todos os demais partidos, pero no seu sáenlle implicados ata debaixo das pedras. É igual; saben que non lles vai pasar nada. A xustiza é a súa mellor aliada. Sempre se di que “hai, se Franco levantara a cabeza”. Eu digo “hai se Valle-Inclán asomara por estes lares”. Os seus esperpentos son bálsamos comparados cós de agora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario