Ata
a min mesmo me entrou un pouco a risa cando me dediquei a escribir a iso das
seis e pico da tarde, xusto ó acabar de traballar na viña. Mentres deixaba os
aparellos na chabola e pechaba esta, estábanme roldando pola cabeza unhas ideas
sobre os Reis Magos para un relato. E como desde a viña ata a casa non quero
perder o tempo (sempre vou lendo pola estrada de Ramiras), tiña medo entón que
mentres lese as ideas as levara o vento. Así é que, como sempre traio comigo un
bolígrafo (incluso na roupa labrega) e como naquel momento tiña a miña
libretiña metida no libro Monte Louro,
de Luís Rei Núñez, collín o boli e a libretiña e alí mesmo, xunto á porta da
chabola, empecei a escribir. A Nea
quedou pasmada e empezou a ladrar para advertirme de que xa era hora. Eu nin caso.
Seguín escribindo. Trasladadas as ideas ó papel, saín da viña. Pero tan axiña
como pechei a cancela da finca, máis ideas na cabeza. Outra detención para
escribilas. E a Nea desesperada. Tiña
medo a que mas levara o vento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario