domingo, 18 de enero de 2015

OUTRA INCONGRUENCIA MÁIS



              Xa quixen falar do asunto cando escribín a crítica da película “A esmorga”, pero por falta de espazo, o tal asunto, quedou para outro momento, para agora. Resulta que ó ser unha película tan nosa, tan ourensá e realizada por unha persoa á que coñezo un chisco, pois sempre lle seguín un pouco máis “os pasos”. Todas as críticas que lin dela pódese dicir que foron boas, pero nas que non podía faltar esa incongruencia que tantas veces denuncio. Falaban do valor de Ignacio Vilar por rodala en galego e, por suposto, porque “A esmorga” non se podía rodar noutra lingua, “do que nos alegramos infinito”, remataban. Pero a incongruencia estaba en que todas as críticas que lin (e foron bastantes) estaban escritas en castelán. Como o digo! Moito valor, moito atrevemento, pero, eles, cagadiños. A mesma incongruencia que levan a cabo moitos pais cos nomes dos seus fillos: nomes en galego, pero á hora da verdade “el mi niño bonito” viaxa, baila por entre as catro paredes das casas. Incongruencia. Esperpento. É igual. Somos parviños ata a extenuación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario