viernes, 30 de enero de 2015

TODO ESTÁ ALÍ

 

               Quero pensar que o bulebule dun recordo é coma un asubío no monte de Pinouzos ou que o ruxerruxe dun instante é coma un aturuxo desde o alto de Sudalomba. Pero, que va!; nin punto de comparación. Porque non hai diferenza en nada. Porque todo é o mesmo. Porque a vida xa pode dar as voltas que queira, que todo está alí... en Baños de Molgas. Alí estiveron e, por suposto, están e, como non, estarán os recordos e os asubíos, os ruxerruxes e os aturuxos. En Baños de Molgas está o instante que foi, o momento que é e o tempo que será. En Baños de Molgas está a vida eterna e se algún día morro (que non sei, non sei) quero que parte das miñas cinsas se esparexan, se espallen por Sudalomba, onde “pelexei” co lobo, e en Barricobos, onde esculpín o escudo do Real Madrid (Manda truco!, e con todo o antimadridista que son agora). En Sudalomba pasaba as mañás e en Barricobos as tardes. En Baños de Molgas está todo: a inocencia, o medo, os xogos, a xente, os soños, as bágoas, o insomnio, as lecturas, as leiras, a miña vida e, faltaría máis, está o meu po, o meu espírito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario