sábado, 17 de enero de 2015

VOLVE A CULPA DO CHA-CHA-CHA



              Recordo o título coma se o escribira onte e, non obstante, xa hai un tempiño que o fixen: “A culpa é do cha-cha-cha”. Tamén é verdade que só recordo o título. Non sei de qué ía. Aínda que imaxino que sería sobre asuntos políticos, máis en concreto, sobre os políticos que nos mandan. E dáme igual que sexan de España ou de Galicia porque é o mesmo. Porque tanto uns coma outros, cando non saben saír do atranco no que se meteron, sempre lle botan a culpa a alguén. Lembro, iso si, que cando acontecera o desastre do Prestige, e coa retranca que nos caracteriza, algúns dixeramos que a culpa fora das rías galegas por estar precisamente alí. A quen se lle ocorre; tiñan que haber estado en Australia! Agora a culpa volve ser do cha-cha-cha, é dicir, que a Sanidade, a nosa sanidade galega corresponsabiliza ós pacientes do colapso nas urxencias a causa da gripe porque non se foron vacinar, que é o mesmo que dicirlles “que por que carallo se puxeron malos!” É que non temos ningún aguante, vaia!

No hay comentarios:

Publicar un comentario