miércoles, 28 de enero de 2015

MALDITO GROMO DE CARROUCHOS!


               “Maldito fútbol!”, semella que dixeron algunhas nais cando viron que lle levaban ós fillos arrestados polas pelexas dos ultras en Madrid naquela loucura, naquel desatino de hai xa uns meses. Entendo a rabia e as penas das nais, pero o fútbol non ten culpa ningunha. O fútbol é tan só un deporte que, ós que nos gusta, vémolo, gozámolo e sentímolo. Despois hai uns cantos (por desgraza aínda ben deles) que din que lles gusta, pero é mentira; estou por apostar que non saben nin tan sequera que é un defensa libre ou incluso qué forma xeométrica ten un balón. A culpa non é do fútbol. A culpa está na educación que recibiron eses que presumen de afeccionados acérrimos. Se lles gustara o fútbol, que facían entón entre esa marabunta de animais? Unha marabunta, un formigueiro de mozos e non tan mozos, de energúmenos casados e con fillos que se citaran precisamente para ensinarlle ó mundo a educación que os pais (que agora se queixan) lles ensinaran. Maldito fútbol!. Non quedará mellor dicir: maldito brote ou broulla ou gromo de carrouchos sen sentido!

No hay comentarios:

Publicar un comentario