jueves, 22 de enero de 2015

MISERENTOS DE ESPÍRITO


               É que me parto de risa polo asunto do caso Bárcenas, ou mellor, pola súa liberación, ou aínda máis en concreto, pola busca e captura de 200.000 euros para que poida abandonar o cárcere. Pobriño; calquera xunta tal cantidade! Eu mesmo, nin tan sequera a cheirarei na miña vida. E el... e el, claro, como os vai atopar se os ten perdidos alá por Suíza. Está botando man dos familiares, ós que lles custa, seica, unha barbaridade conseguir tanto montante. Deberon dilapidar todo o que aquel lles regalaría. Porque a ver se van pensar que nos metemos os dedos nos ollos. Igual que o de que non atopa, o de que non ten os 200.000 euros. Xa. Vivimos nun país de arrastrados, de miserentos de espírito. Non se sabe quen minte máis; se el co asunto de que non ten esa cantidade ou o PP intentando facernos crer que xa non ten nada que ver co seu ex tesoureiro. Xa! E cando entrou no presidio, o noso presidente do Goberno mándalle un “sé forte, Luis” polo móbil. O dito: miserentos de espírito. Normal que ninguén confíe na xustiza do noso país.

No hay comentarios:

Publicar un comentario