Madalena Grega Castiñeira ri a
cachón diante do xornal que ten aberto na barra do bar. Ri tanto que ten que
botar as mans á tripa para calmar esa forte tensión que se forma naquela cando
se comete un gran esforzo. Cando se ri a cachón hai que afirmar que se move
incluso a alma e algo máis. Madalena Grega Castiñeira tardou un bo cacho en
deixar de rir. Pero a nova que acababa de ler deixouna tan abraiada que non lle
bastou coas gargalladas e quixo compartila coa dona do bar, Naila Grande
Segundo, que, a maiores, era amiga íntima. “Escoita, escoita!”, berroulle aínda
con cara de asombro e cun gran sorriso nos beizos. “Mira que contrasentido máis
parvo. A ver cómo se bebe isto. Resulta que o Congreso aprobou a reforma do Código
Penal sobre matrimonios e relacións sexuais (e aquí ben o bo), poñendo as vodas
ós 14 anos e a virxindade ós 16. É para rir a cachón, non si?”, preguntouse
para si mesmo e para a súa amiga. Agora foi Naila Grande Segundo a que case cae
ó chan partíndose de risa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario