En primeiro lugar, un funcionario
ten fama por ter un posto de traballo seguro. En segundo lugar, un funcionario
ten fama porque seica vive coma Deus. Iso din. É certo que algúns rañan a
barriga, pero tamén é verdade que outros non conseguen nin respirar. Ai si, e
todos ganan unha miseria. No da miseria non entran os altos cargos. Pero cando
alguén fala dos funcionarios, cando alguén os despreza e cando alguén os
insulta, a que funcionarios se refire? Verdade que todos tedes in mente ó funcionario de baixa escala,
ó que atende ó público? Pois sigo dicindo que o que atende ó público non gana
nin para churros. Aínda así é certo o que di a directora da plataforma Spain
Startuf, que “antes, os pais querían fillos funcionarios; agora que sexan
emprendedores”. Estou por apostar que quixo dicir políticos, que se meteran
políticos. Ganan ben máis que un funcionario e traballan ben menos. A estes
votámolos e ós outros insultámolos. Aí está a gran incongruencia da mente
humana. Hoxe, ser político, é a mellor profesión. De aí as loitas que hai polo
poder, porque sabemos que o poder trae consigo... Pois iso, puntos suspensivos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario