Tan
só temos memoria para o presente. Nunca nos acordamos do pasado. Memoria para o
que nos interesa. Só buscamos os recordos bos. As falcatruadas pechámolas nese
recanto no que a memoria adoita durmir unha sesta continua. París e Londres
acordan novas medidas en contra da inmigración ilegal. Non se acordan da
ilegalidade deles de cando invadiron e masacraron practicamente todo o
continente africano. España non lembra a desfeita que fixo na conquista de
América, pero si ten moi presente a eses “manteiros” chilenos e peruanos. Temos
a memoria gangrenada. En todo. Se a analizamos incluso politicamente, vemos que
esas promesas dos inútiles mitins, os cen días prometidos xa son auga de
bacallau, xa o coitelo do esquecemento e do deixamento entra na memoria para
que, pouco a pouco, a gangrena se apodere xa de todas as neuronas. Teñen neuronas
os políticos? Vivimos nun ruxerruxe de promesas mentireiras, de mentiras ben estudadas.
É igual, para que pensar no pasado! Deixemos que se gangrene todo. Total, os
inmigrantes son todos uns apestados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario