Ninguén me di nada por que estou
calado. Estou calado porque non falo. Non falo porque non teño nada que dicir.
Dicir din aqueles que falan. Mais non sei que din. Hai xente que, aínda que
fale moito, non se lle entende nada. O mesmo, o mesmo que o autor que escribe.
Tamén é verdade que outros cunha palabra ou cunha curta frase xa expresan un
mundo, xa se lles entende todo, tanto oralmente como na linguaxe escrita. A
todo isto, que estou contando? Nada. Absolutamente nada. Tan só escribo
palabras. Unha detrás doutra. E punto pelota. Deus, como odio esta expresión! A
de punto pelota. E, non obstante, ultimamente estouna usando bastante a miúdo.
Ou moi a miúdo. É igual. Teño que empezar a corrixirme. Vou ter que arrestala.
Non procede soltar parvadas polo simple feito de soltalas. Xa; pero cando non
hai inspiración ou cando non hai moitas ganas (ou ben por canseira ou ben polo
que sexa), non queda outra que poñer unha palabra tras outra. E punto pelota.
Procurarei que sexa a última vez. Xa, pero do dito ó feito...
No hay comentarios:
Publicar un comentario