miércoles, 5 de agosto de 2015

OUTROS FILLOS... DISTINTOS




               Malditas fronteiras! Por que unha persoa non pode buscarse a vida onde lle pete? Quen somos nós para dicir que isto ou isto ou isto é noso! O Reino Unido obrigará ós caseiros a expulsar ilegais. Eles, precisamente eles, os británicos, son os menos indicados para sentenciar iso. Agora mesmo non se acordan para nada do que armaron en todas as súas colonias. Saquearon, expropiaron e exterminaron países enteiros e, agora, non queren ilegais deses países. Máis ou menos coma España, que non queremos marroquís, romaneses e negros, sen nos lembrar para nada de que fomos un país emigrante. Falas cun “suízo” ou cun “alemán” ou cun “arxentino” e sóltanche aquilo de que “había que buscarse a vida”. Agora, como cambiaron as tornas, os emigrantes que veñen da miseria son uns apestados. Un magrebí morreu tras cinco horas dentro dunha maleta. Que busca unha persoa que sabe que ten un 90% de posibilidades de morrer? Que morran, home, que son uns apestados! Malditas fronteiras! Puta miseria! Para darlle de comer ós fillos fan o mesmo ca nós: buscar traballo. Pero os fillos africanos son outros nenos... distintos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario