Momentos nefastos para os máis desvalidos, para os máis
malpocados, para os pobres de espírito. Algo máis de 70 refuxiados morreron
asfixiados nun camión. Un cento de cadáveres (ou máis) na costa de Libia. Máis
de 2.500 inmigrantes falecidos no Mediterráneo no que vai de ano. E o mundo
sigue cos brazos cruzados, é dicir, mirando para outro lado, quizais para o
Polo Norte. O sur e o este empeza a apestar.
Investigación policial a Convergència Democràtica de
Catalunya (CDC) por presunta corrupción. Segurísimo que hai corrupción (hoxe,
practicamente toda a política está corrupta), pero… a un mes da cita catalá
coas urnas! Ui, isto cheira a podre, cheira a unha nova caza de bruxas, como a
que se fixo contra Podemos. Hai medo, moito medo á independencia catalá.
Está a piques de empezar o curso académico, o que significa
un enorme desembolso de cartos para moitas familias, e o que tamén significa
que o Goberno pásase polo forro a Constitución Española. Lembro ler algún
artigo que di algo así como que a educación no noso país é gratuíta. Un conto
chino, señores, un conto chino! Menos mal que a economía seica vai xa vento en
popa. Iso din. E se o din os políticos, xa sabedes, cando o río soa…
A ver se este pesimismo da semana que deixamos se transforma
en ben, polo menos sentimental, coa semana que iniciamos encol da novena da
Nosa Señora dos Milagres de Baños de Molgas. Que o optimismo roule por todo o
val do Medo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario