martes, 12 de enero de 2016

A XUSTIZA NUNHA ROMANA


              Facenda somos todos. É certo, é. Estamos os pombos. E están os voitres. Dúas clases de animais; pero ben distintas. Tamén din que a xustiza é igual para todos. Tamén. Tamén se entende que a Fiscalía acusa. Tamén. Pero no caso da infanta, ou sexa, no caso Nóos defende. A Fiscalía, non obstante, e para que non pensemos mal dela, si acusa a un lugués porque nunha mensaxe do feisbuq achuchaba ós yihadistas para atentasen contra os de Tráfico, logo de que o multasen. Coma se os yihadistas lle foran facer caso. Por esa regra de tres, máis de media España tiña que estar no cárcere, porque cantas veces se di: tiña que volver Franco! É igual; tanto naquela época coma nesta houbo e hai pombos, houbo e hai voitres. Os pombos peitean na miseria. Os voitres desgarran na carnaza. Facenda somos todos. Somos. Pero hai parvos e listos, espelidos e inocentes, obreiros e princesas, labregos e reis. Hai Fiscalía que acusa e hai Fiscalía que defende. Acusa ós pombos. Defende ós voitres. A xustiza é igual para todos. Pola nunha romana e, oe!, pesa o mesmo; un voitre ben mantido que un pombo coa tiña. Ai se Franco levantara a cabeza…

              Cafetaría Beker de Ourense.
              Café Oren Express da Valenzá.

              Martes, 12 de xaneiro de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario