Os escravos, os humillados, os
aldraxados, é dicir, os pequenos serán ignorados na terra, no ceo e no máis
alá. E xa poden acadar o mellor premio que... é igual, será por culpa dos outros,
non polos méritos propios. Se lle botamos unha nova ollada ó partido do
Atlético de Madrid-Celta (2-3), correspondente á volta dos cuartos de final da
Copa do Rei veremos que, para os comentaristas, os méritos do equipo da
Rianxeira brillan pola súa ausencia. Si, Orellana tal e o gol de Guidetti cal,
pero fóra diso... o partidazo de Saúl, a revolución de Correa, as desgrazas de
Vietto, a posesión no primeiros minutos do Atlético, os fallos sorprendentes do
infalible Godín e, faltaría máis, a cámara unha e centos de veces sobre Diego
Simeone (quen adestraba ó Celta?)
Agora ben, se se notan estas “imparcialidades”
co Atlético de Madrid, imaxinade o que acontece, o que acontecerá cun
Celta-Madrid ou un Barcelona-Eibar, por exemplo. Xa poden os dous pequenos escangallar
o mundo que non será porque o Celta ou o Eibar o borden, senón porque o Madrid
e o Barcelona se botaron a durmir a sesta. Ou o Atlético. O pequeno, en todos
os ámbitos da vida, ten que loitar contra todas as adversidades e sabendo de
antemán que lle roubarán os méritos. É triste, pero é así. O pequeno aínda que
saia do bulleiro acabará caendo no barro, e se sae do barro caerá na lama, e se
sae da lama caerá no lodo. E non chegándolle con isto, sempre haberá alguén que
o atugue, que o empuxe, que o enterre aínda máis.
Café Oren Express da Valenzá.
Xoves, 28 de xaneiro de 2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario