Dous asuntos tan só. Primeiro asunto. Os atropelos nas rúas
da cidade de Ourense. Logo de ruxerruxes e de reunións e demais voltas e
reviravoltas, o concello acordou incrementar policías locais para a vixilancia
dos condutores e multar ós peóns que cruzan por onde non deben. A ver; os
policías locais vixiarán a velocidade por onde patrullen eles, pero e por onde
non patrullen? Eu son partidario de pasos elevados que fagan choutar os coches.
En todos os pasos de peóns. En todos. Moitos queixámonos disto porque escarallan
os autos. Se pasamos devagariño non se derraman. Cruzo algúns todos os días e
aseguro que tal como os collo non atropelo a ninguén. As multas ós peóns que
cruzan mal? Nada de 80 ou 100 euros… de 500 para arriba! Díxose sempre: a base
de golpes apréndese. Outros falan de educación. Que educación? Desde un
primeiro momento xa sabemos que non podemos correr e que non podemos cruzar
indebidamente. Que máis educación queremos?
Segundo asunto. As trenzas enguedelladas dun deputado de
Podemos. A señora vicepresidenta (o de señora é un dicir) do Congreso dos
Deputados, Celia Villalobos, do PP, pide que as trenzas de Alberto Rodríguez
estean limpas porque igual colle piollos. Eu ben sei onde tiña que ter ela os
piollos, pero non o digo porque teño máis educación ca ela (aínda que se
entende, claro). Menos mal que Miguel Ardanuy contestoulle como lle tiña que contestar:
que oxalá o seu partido estivera a metade de limpo que as súas rastas (porque este tamén as leva). Mellor
comentario que o que eu dixen do de se entende. Vaiche boa! Nese partido si que
hai merda e porcallada!
Café Perla 6 do Campus Universitario de Ourense.
Venres, 15 de xaneiro de 2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario