Din que a avaricia rompe o saco. A
avaricia de Rogelio Aguiar Fernández, natural de Rebeño
(Pontevedra), pero dono de Bodegas Aragón de Ourense rompeu vidas
humanas. Por culpa do alcol metílico. O alcol metílico ou metanol
ou alcol da madeira ou alcol de queimar é un líquido volátil,
incoloro e soluble en auga e outros disolventes. Trátase dun produto
de uso industrial para a elaboración de disolventes, líquido
limpaparabrisas, lacas, vernices, produtos plásticos, explosivos,
etc. Rogelio Aguiar mercouno a 9 e 12 pesetas para, ó mesturalo co
alcol etílico de 96º ou vínico, vendelo a 15 e a 16, cando na
realidade este último estaba a 30. Negocio redondo. A primeira
noticia descubriuse no marzo de 1963 na poboación de Haría, en
Lanzarote, cando unha doutora farmacéutica sospeitou que algo non
cadraba na morte de tres veciños e doutros dous que quedaron cegos.
En Galicia, bastante antes xa houbera varias mortes que os
profesionais sanitarios e as autoridades non relacionaran ou non
investigaran ben.
Unha desas mortes caeu no concello de Baños de Molgas, máis en concreto, en Santa Eufemia. Foi a de Aníbal Capelo Sobrino, que faleceu o 12 de maio de 1963, deixando viúva e catro fillos menores de idade. En total seica foron 51 falecidos (13 na zona do Carballiño) e 9 persoas cegas, aínda que a cifra real pode contarse incluso por millares. Porque... estaba visto!, o ministro de Información e Turismo, don Manoliño Fraga, axiña tratou de diminuír o impacto mediático contra o réxime franquista, póndolle máis que pegas ás publicacións en prensa e na radio. Logo, para máis aquel, no xuízo que tivo lugar en 1967 contra 11 procesados, caeron unhas penas ridículas, entre 1 e 20 anos de prisión e indemnizacións que alcanzaban case 20 millóns de pesetas. E como a xustiza no noso país sempre foi como foi (sempre é como é), ningún dos condenados cumpriu máis de seis anos de cárcere, e como se declararon insolventes, ningunha vítima ou familiar recibiu nada de nada. Como se adoita dicir, marcharon coma se tal cousa, marcharon coma o peido do cu.

Finca Fierro. Venres, 30 de marzo de
2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario