Quixen ir pero non fun. Vou? Non sei.
A onde? Tampouco sei. Non sempre sabemos decidir ó momento. Moitas
veces as dúbidas chegan a angustiarnos de tal maneira que optamos
por non facer nada, por quedar quietos. E co bonito que é ir. A onde
sexa. Á fin do mundo. Ata o infinito e máis alá. Quedarse na cama
é unha parvada. Acaban encollendo os ósos. O mellor é ir. E, iso
si, sempre para adiante. Claro que, se te atopas cun atranco, por
exemplo un penedo deses que non podes mover, non che queda outra,
amiguiño, que arrodealo. Ou escalalo, claro.
Veña, vai. Ti ó mellor si sabes a onde ir. Eu, agora mesmo, non o sei. Quero ir pero non sei onde. O dilema, queirades que non, é grave. Porque se collo para a estación de Baños de Molgas non podo ir para As Mestras. E co bonitas que son As Mestras. Xa está; ante esta frase non me queda outra que cambiar de parecer e saber xa definitivamente para onde vou: para As Mestras. Á estación xa irei outro día. Hoxe tocan As Mestras. Desde a Aira da Igrexa boto unha carreiriña, cruzo a pasarela do río Arnoia e, zas, abrázome ós vellos carballos das Mestras. Quixen ir e ó final fun. Para As Mestras.

Finca Fierro. Venres, 2 de marzo de
2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario