Aínda
que queira non podo falar do Goberno porque, no momento de escribir
este Recuncho, aínda non hai nada de nada. Semella que, ó final, si
se vai formar; pero ó mellor aínda os flocos
e contraflocos
dos pactos mandan
todo ó garete.
Así é que vou falar de algo que non me traizoa nunca. Porque cada
vez que miro para ela, a moi condenada sorrí e chíscame un ollo. A
lúa. Estes días
hai celebracións, comentarios, artigos, documentais, anécdotas
e estudos a darlle cun sacho. Porque
está de aniversario. Hai 50 anos que uns americanos puxeron o pé
nela. Estes pensan que a conquistaron. Pobres!Cando
na realidade é unha cousiña aí tan ben posta, que é ela a que nos
conquista a nós desde que o mundo e mundo. A lúa é moito máis que
unha conquista, que un descubrimento. Quen non mira para ela e, a
maioría das veces, queda extasiado, ou soña, ou lle compón versos,
ou lle enfoca unha cámara. Cantas películas pode haber sen que en
algunha escena non saia a nosa amiga? Penso que ata se poderían
contar cos dedos das mans. A lúa atrae, a lúa fascina, a
lúa hipnotiza, a lúa abraia, a lúa
ensínanos a súa cara en catro fases; por
se non posa ben dunha maneira, seguro que cando está na fase chea,
aí xa racha con todos os sentimentos. A
lúa inflúe nas mareas. Certo. Pero tamén a lúa é un mito: que se
hai que sementar en tal fase, que se hai que recoller en tal outra,
que se hai que parir en cuarto minguante,
que é mellor non embotellar en cuarto
crecente. Ela, pobre, non di nada. Ela
tan só está aí para que a contemplemos. E gocemos.
Gozar non podemos
gozar coas perspectivas de futuro de Ourense. Porque o mercado
laboral segue expulsando traballadores fóra da provincia, segundo
dicía o sábado este xornal. Estamos acabadiños; sen
traballo, sen poboacións, sen nada. Dixen
sempre que eramos e somos o ollo do cu. Menos mal que xa temos aí o
ano 2021, no que, a Xunta, di que, grazas ó Xacobeo, crearemos o
demo (ou o Santiago) de postos de traballo. Un maná! Pero, claro,
ata o 2012 estaremos a velas vir, a ver como caen os pans cocidos do
ceo. Se caen. Como a lúa non nos mande algo...
Finca
Fierro. Sábado, 20 de xullo de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario