Pintor, que pintas con amor. Con
amor? Odio pintar a casa! Sempre o odiei. E non polo mero feito de
pintar (total só é darlle co rolete para arriba e para abaixo, máis
ou menos), senón polo que hai que facer antes. Polos obxectos que
hai que retirar. Polos mobles que hai que mover. Polas lámpadas que
hai que quitar ou tapar. Polos malditos marcos das portas. Polos
estúpidos enchufes ou caixas da luz. Polos fatos zócalos. Polo
traizoeiro chan. Porque neste pos periódicos e plásticos; que se
moven, que se escorren, que se embeleñan, que se enmarañan. Odio
pintar a casa! Que te pos coma un divino cristo. Que despois fregas e
fregas a pel ata poñerse vermella e nada; sempre quedan pingas,
marcas de pintura nela.
Menos mal que só foi o corredor e a cociña.
Que se chego a pintar toda a casa, prometo que me acordo a conciencia
do autor que compuxo o de “pintor, que pintas con amor”. Non
obstante, cando un dos rapaces botou a cabeza fóra da habitación,
eu, para disimular, como non, solteille aquilo de... “pintor, que
pintas con amor”. Tan axiña como cerrou de novo a porta, eu seguín
dálle que dálle a un traballo monótono, aburrido, desesperante e
coa paciencia á flor de pel. Porque por detrás andaba a “parenta”
coa súa ladaíña: que se alí queda un “lamparón”, que se
naquel recanto non lle deches, que ten conta que non pingues moito,
que zumba e dálle. Odio pintar!
Finca Fierro. Luns, 22 de xullo de
2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario