Hai
tanto tira e afrouxa
entre uns e outros para formar Goberno que non hai maneira. Pois xa
que aínda non hai Goberno para España, si houbo vacacións para un
servidor. Vacacións
auténticas, digo. Case todos os anos procuro saír uns días pola
Costa da Morte, aínda que, de cando en vez, opto por fóra de
Galicia. Coma este ano. Que un día falando na casa, comentamos algo
do Parque Natural de Río Lobos, porque a muller e máis eu haberá
uns 25 anos que o visitaramos e gustáranos. Así é que para aquel
recuncho de Soria marchamos. Sete días tan só, dos que recortamos
un porque os rapaces... os rapaces, xa se sabe, isto dos monumentos e
pobos bonitos non vai con eles. Polo que non me quedou outra que
facer coma os políticos: negociar de aquí para alá. Pero, claro, ó
non ser político... non vimos moitas cousas que eu pensaba ver. Non
obstante, o esencial si que quedou na retina dos meus ollos.
Quedaron, de
camiño, os fermosos castelos de Peñafiel e Peñaranda de Duero.
Quedou na retina,
logo de chegar a San Leonardo de Yagüe, a inmensa catedral de El
Burgo de Osma, que parece mentira que un simple pobo teña ese
impresionante monumento. Ó segundo día tocoulle ó canón do Río
Lobos, coa súa ermida
de San Bartolomé
e coas súas omnipotentes paredes nas que aniñan, viven e pousan os
voitres. Que marabilla contemplar o seu planar.
Vimos Ucero e San Esteban de Gormaz, que é precioso. Ó día
seguinte tocou ir
ó desfiladeiro
de La Yecla e a Santo Domingo de Silos, pura arte para contemplar con
tempo e con paciencia. Esta é a que lle falta ós rapaces. “Que se
en tal caso a natureza”, dixeron.
Total, que nos largamos a 101 quilómetros para ver a Laguna Negra,
que nos gustou e, menos mal, lles gustou; principalmente o paseo polo
río abaixo.
Como
ós rapaces isto da arte nin fu nin fa, fomos a muller e eu ver
Calatañazor, unha aldea máis que fermosa.
Pola tarde volvemos a esa zona cun dos rapaces para ver La Fuentona,
algo moi semellante á Laguna Negra.
De volta para a
casa, visita obrigada a Carrións de los Condes. E xa en Ourense...
como unha frecha a ler os xornais. Como os botei de menos! E
iso que os consultaba pola Internet, pero... non é o mesmo.
Finca
Fierro. Sábado, 13 de xullo de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario