jueves, 25 de julio de 2019

O MELLOR SANTO BEBEDOR

Sei, e creo que con razón, que Rutger Hauer empezou coa súa auténtica fama cando pronunciou aquela mítica frase en “Blade Runner” que dicía: “Eu… vin cousas que vós non creriades: Atacar naves en lapas máis alá de Orión. Vin raios C brillar na escuridade preto da porta de Tannhäuser. Todos eses momentos perderanse… no tempo… coma bágoas na chuvia. É hora de morrer”. E Rutger Hauer morreu o pasado venres, 19, á idade de 75 anos. A categoría deste actor holandés vai moito máis alá desa simple frase.
Lémbrome moito del cada vez que me vén á cabeza a película de “Lady Halcón”, aínda que aquí, nesta, quen realmente me impresionou (e onde a descubrín) foi Michelle Pfeiffer. Pola súa beleza. Máis tarde habería outra actriz que me deixaría pampo, tamén pola beleza, cando a vin en “O meu gran amigo Joe”, e non era outra que Charlize Theron. Pero a Pfeiffer en “Lady Halcón”, iso é o non vai máis. E ese recordo arrastra, como non, a Rutger Hauer. A inmensa maioría cinéfila pensa en Hauer polos seus traballos nas dúas citadas, en “Os señores do aceiro” e en “Batman Begins”; pero a min xa me fascinara en “A lenda do santo bebedor”, un filme practicamente descoñecido, pero no que actuou de forma espléndida. Ata penso que é a súa mellor actuación en toda a súa carreira. Que a terra lle sexa leve ó mellor replicante e ó mellor santo bebedor cinematográfico.

Finca Fierro. Xoves, 25 de xullo de 2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario